sábado, 9 de marzo de 2013

Semana da prensa



A vindeira semana celebrase a Semana da prensa que se celebrou por primeira vez do 17 ao 21 de abril de 1989. Dende entón aparece anualmente no calendario escolar, habitualmente a mediados de marzo especificando que un día desta semana traballarase na aula cos xornais. 





As 7 razóns para ler o xornal na clase:
  • Lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor.
  • Estarás informado do que acontece ao teu redor e poderás opinar sobre distintos temas.
  • Poderás reflexionar sobre a actualidade, ser máis crítico e que non che dean gato por lebre.
  • Saberás de que falan os maiores, poderás discutir con eles sobre temas importantes e, mesmo, ¡levarlles a contraria!
  • O xornal será o teu mellor libro de texto: distinto cada día.
  • Converterase na túa novela de aventuras favorita e irá contigo toda a vida.
  • saberás que poñen no cinema, na tele, que se leva esta tempada, como vai a Liga… E moitas máis cousas que de seguro che interesarán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario