luns, 2 de setembro de 2013

Comezamos!!!

Despois dunhas merecidas vacacións o vindeiro mércores 11 de setembro dará comezo o curso 2013/2014. Os peques de 4º de Educación Infantil terán un período de adaptacíon que segundo se establece na Orde do 24 de maio de 2013 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia terá unha duración máxima de 10 días. Este período ten como finalidade conseguir que os alumnos se integren de xeito activo na aula nun clima que os faga sentir cómodos e seguros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario