venres, 21 de febreiro de 2014

Entroido 2014!!! Ordes da Meca!!!

A vindeira semana é diferente xa que  comezamos a " Semana de Entroido" e este ano como o proxecto anual está adicado a pintura e a arte, a nosa "MECA" é unha Menina que xa nos deixou o primeiro mandado para o luns!. Estade moooiii atentos e non vos despistedes nin un chisquiño porque cada día traeranos un novo.... 

Para os que non saibades en que consiste, o conto OS MEQUIÑOS E A LENDA DO MECO de Pepe Carreiro  é moi acertado para esta época do ano. Non cabe dúbida que un dos atractivos maiores deste libro é o relato visual ideado por Carreiro, quen crea aquí un grupo de nen@s protagonistas moi na liña dos célebres Bolechas. Visitan o seu sabio avó, o Siño Xan, para que lles dea detalles sobre a lenda en cuestión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario