xoves, 23 de outubro de 2014

INAUGURACIÓN DA BIBLIOCROCAIO

INAUGURACIÓN DA BIBLIOCROCAIO

O venres 24 de outubro, ás dez horas, faremos a inauguración da Biblioteca para este curso 2014-15, que terá como título este ano "CONTANDO E XOGANDO COA TRADICIÓN". Entre outras cousas, faremos as seguintes actividades.

  • Veremos o video resume do proxecto do curso anterior: A PINTURA.
  • Lembraremos cun video a importancia da lectura.
  • Presentaremos por clase un xogo e unha cantiga popular.
  • Recolleremos os carnés e as mochilas viaxeiras.
  • Recibiremos o agasallo de Crocaio.
  • Tamén cantaremos todos xuntos "Os xogos" de Migallas.

E para rematar teremos  a actuación do MAGO CALI, por xentileza de Edicións Xerais.



Ningún comentario:

Publicar un comentario