venres, 21 de novembro de 2014

25 de Novembro: Día Internacional Contra a violencia de Xénero

Segundo o establecido na orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015 unha das conmemoracións a celebrar é a do día 
25 de Novembro
Día Internacional Contra a violencia de Xénero.
Nas aulas de infantil traballarémolo a través do conto: 
" Rosa Caramelo" que narra a historia de Margarita unha pequena elefanta que vive nun xardín soa porque non ten unha pel rosa caramelo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario