sábado, 30 de xaneiro de 2016

Desde 1964 cada 30 de xaneiro celebráse  en todos os centros educativos o Día escolar pola paz e a non violencia coincidindo coa morte de Mahatma Gandhi.
Nesta data lembramos a necesidade da educación para a tolerancia,  a solidariedade e o respeto aos Dereitos Humanos. Este ano escollemos "Apertas que voan" de Paco Nogueiras sumandonos deste xeito ao proxecto colaborativo formado polos centros: Ceip Paraixal, Ceip Igrexa Candeán, Ceip Plurilingüe Carballal-Cabral e Ceip Eduardo Pondal.
Nos seguintes videos podedes ver o video da cantiga grabado no noso centro e os agasallos que enviamos aos diferentes centros así como o que eles nos enviaron a nós con motivoda celebración deste día. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario