sábado, 5 de marzo de 2016

Ciclo de cine e contacontos

Con motivo da conmemoración do Día 8 de marzo, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza un ciclo de cine infantil que será proxectado no Verbum-Casa das palabras durante 3 domingos do mes de marzo. Son 3 filmes dirixidos ao público infantil nos que o papel protagonista e polo tanto activo no guión interprétao unha nena ou un grupo equitativo de rapaces e rapazas.

Domingo 6, 13 e 20 de marzo as 12:00 H
VERBUM-CASA DAS PALABRAS
Avd de Samil 17
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo


Ningún comentario:

Publicar un comentario