Tal e como se establece nas Instruccións do 13 de marzo de 2020 publicadas pola Consellería de Educación iniciamos a partires de hoxe a titorización e a atención ao alumnado a través dos medios telemáticos. No arquivo adxunto tedes unha serie de recomendacións para levar a cabo ao longo destes días.
Estarei dispoñible para calquera dúbida ou consulta a través do correo pondalsampaio@gmail.com e a través da APP Tokapp, tamén podedes deixar algún comentario na entrada do blogue.
Ao longo da semana subirei algunha actividade mais para que poidan realizala.
Agardamos volver pronto a normalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario