Propostas de traballo para o luns 27 de abril.
Bo día de luns!
Comezamos semana e con ela as novas propostas de traballo:
↷Reto: Tarefa para toda a semana: Primeira saída/ Tarefa en familia.
Cóntadenos ao longo da semana como foi esa primeira saída a rúa a dar un paseo despois de tantos días na casa (incluso se decidistedes non saír). Podedes enviar unha foto ou video explicando como foi.
↷Reto: Taboleiro de xogo e creatividade
Cómo se xoga?
Colle un dado e prepara os materiais. Sitúa a túa ficha de xogo (podes coller un garavanzo, unha lentella, unha ficha do parchís ou xogo da oca...) O taboleiro é circular polo que podes empezar por onde queiras e facer o que mais che guste. Lanza o dado mira o número que che tocou e con que material se corresponde e despois escolle a proposta do taboleiro que queiras.
Repite o proceso
Despois de ver o video podes construir o teu.
Tamén podes repasar as pezas de roupa traballadas a anterior semana.
Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 10) no taboleiro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario