xoves, 28 de maio de 2020

Propostas de traballo para o xoves 28 de maio

Propostas de traballo para o xoves 28 de maio.

Bo día de xoves!
Deixovos as  propostas de traballo para hoxe:

↪ Reto:  Contar e construír
Esta proposta consiste en construír unha torre xigante coa axuda dun dado e pezas de construcción:
1,Lanzamos un dado
2.Colocamos o número de pezas que nos tocou , todas da mesma cor.
3.Se temos con quén xogar, facemos quendas.
4.Construímos a torre mais alta posible e se cae, non pasa nada, volvemos comezar.
*VARIANTE DO XOGO CON SUMA: Cada vez que se colocan as pezas que nos saen no dado, contamos todas as pezas da torre comprobando cal é a torre mais alta e con maior número de pezas.
*VARIANTE DO XOGO CON REPRESENTACIÓN GRÁFICA: Cando logremos facer unha torre de 10 a 15 pezas podemos debuxala e pintala.

Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 31)  no taboleiro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario