martes, 16 de febreiro de 2016

Obradoiro: A música das árbores

A Concellería de N.L. a través do Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo trouxonos ao cole o obradoiro : A música das árbores
Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as follas nace unha sinfonía. Cando a chuvia cae nas follas soan diferentes instrumentos. As treboadas fan danzar os freixos e xorde un espectáculo de ballet.
Esta actividade está relacionada co libro do mesmo nome na que Servando Barreiro tratou de sensibilizar aos nenos coa contorna natural a través da música e dos contos e con cantigas participativas co galego como lingua vehicular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario