mércores, 17 de febreiro de 2016

Obradoiro: Para cantar e bailar

A Concellería de N.L. a través do servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo trouxonos ao cole o obradoiro: Para cantar e bailar.
Con esta actividade pretendeuse achegar cantigas e xogos cantados e bailados con coreografías sinxelas e letras en galego para experimentar os primeiros pasos do baile tradicional e practicar diversas melodías e ritmos traballando a linguaxe, a psicomotricidade, o sentido do ritmo desenvolvendo unha actividade grupal.
Todas as cantigas son tradicionais e estiveron acompañadas por Luis Prego, mestre de canto e baile tradicional e autor dos libros "Para cantar e bailar" e "Xogos musicais" 

Ningún comentario:

Publicar un comentario