Propostas de traballo para o martes 09 de xuño.
Bo día de martes!
Hoxe rematamos as propostas de traballo coas derradeiras actividades que nos quedaban:
↪ Contacontos: Conexión Macarrón de Ledicia Costas.
Contido organizado pola Cidade da cultura dentro do programa #aculturasegue neste mes de xuño 2020.
Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 39) no taboleiro!
↝ A partires de hoxe o blog non se actualizará con propostas de actividades novas xa que os cadernos 5 e 6 e os contidos de repaso / reforzo correspondentes a este trimestre e aos anteriores están rematados no día de hoxe
Durante estes días publicarase algunha actividade ou recomendación para facer cos nenos, sempre de xeito voluntario.
Para todos aqueles que aínda lles quede algo por rematar podedes mirar no taboleiro "O cole na casa" ,ao que podedes acceder desde a marxe dereita do blog, ademais de consultar/ revisar as entradas publicadas desde o día 16 de marzo (día no que comezamos con este traballo) xa que ahí están todas as propostas de tarefas feitas ao longo destes meses para realizar .

Para calquera dúbida ou consulta ou para as tarefas podedes enviala ao correo "pondalsampaio@gmail.com"