Amosando publicacións coa etiqueta actividades. curso 2018/2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades. curso 2018/2019. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de xuño de 2019

IAP con Bronce

 A punto de rematar o curso o pasado mércores tivemos a última sesión do obradoiro IAP (terapia asistida por cans) para o control emocional e fixémolo con Bronce , cadela pioneira neste obradoiro.

xoves, 6 de xuño de 2019

Agricultura ecolóxica

Dentro do programa Fai eco do lóxico tivemos un obradoiro sobre a agricultura ecolóxica para coñecer as súas vantaxes e cales son os produtos que debemos consumir.

luns, 27 de maio de 2019

VI Quedada Literaria

Hoxe participamos na VI Quedada Literaria no parque de Castrelos con alumnos de diferentes coles da cidade de Vigo e de Porriño.

venres, 24 de maio de 2019

Visita ao estadio de Balaídos


Visitamos o estadio de Balaídos onde puidemos coñecer as súas instalacións dun xeito diferente.
Foi unha saída fantástica!

luns, 20 de maio de 2019

Obradoiro "Disfruta con Lucy e a pandilla láctea"

Dentro do programa escolar de consumo de leite e produtos lácteos participamos no obradoiro "Disfruta con Lucy e a pandilla láctea" do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) para promover hábitos e conductas saudables vinculadas ao consumo de leite e favorecer o coñecemento da cadea de producción láctea.

xoves, 11 de abril de 2019

Despedida Patricia

Rematamos trimestre e con él despedimos a Patricia, mestra en prácticas, que nos acompañou ao longo destes meses.
Agardamos pronto unha visita!

mércores, 10 de abril de 2019

venres, 5 de abril de 2019