Amosando publicacións coa etiqueta proxecto xogos tradicionais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto xogos tradicionais. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2015

Proxecto: Os xogos tradicionais


Na aula de 3/4 anos o proxecto deste curso 2014/2015 "Os xogos e a tradición" xa está rematado!! En breve comezará a "viaxar" e chegará as vosas casas.
Que o disfrutedes!!!

xoves, 9 de abril de 2015

I Xornada de xogos tradicionais

Seguindo co P.D.I da biblioteca "Cantando e Xogando coa tradición" no que estamos a traballar este curso celebramos a I Xornada de xogos tradicionais.

Se queredes ver o ben que o pasamos nesta xornada premede nos iconos que estan na imaxe ao pasar o rato por enriba e abrirase un video de cada un destes xogos populares


sábado, 7 de febreiro de 2015

É tempo de Entroido!!!!!



É tempo de Entroido!!!!

Seguindo co proxecto Contando e xogando coa tradición comezamos cos mandados do Meco que este ano serán  "acumulativos":

O luns o noso Meco pedirá traer unha garabata
O martes unha bufanda ou similar para facer de faixa
O mércores un chaleco máis ben curto
O xoves un cinto con chocas para que soen detrás
O venres toca xuntalos todos e con camisa e pantalón blancos ou similares traeremos pintados uns bigotes e barba


mércores, 12 de novembro de 2014

Exhibición de peóns



Onte día 11 de novembro coincidindo co San Martiño tivemos no cole a exhibición de peóns realizada por os propios nenos do cole.
No video podedes ver o ben que o bailan!!!

venres, 7 de novembro de 2014

11 de novembro: Día do Peón

"POLO SAN MARTIÑO,
PEÓNS AO CAMIÑO"


Seguindo co proxecto anual da biblioteca o vindeiro martes 11 de novembro celebraremos o "Día do Peón"cunha exhibición de peonzas no patio do cole.

mércores, 22 de outubro de 2014

Crocaio visita a aula de 3/4 anos!!

Entre as sorpresas que Crocaio tiña preparadas para este mes de outubro unha de elas era a visita a aula de 3/4 anos!!! Deixounos unha caixa con algo misterioso.....despois de moito pensar que sería descubrimos que era o xogo da Raiola!!!!


martes, 21 de outubro de 2014

A AULA DE 4-5 ANOS PRESENTA.... EN BUSCA DA "MARIQUITILLA" PERDIDA.

COMO XA SABEDES QUE O PROXECTO DESTE ANO SON OS XOGOS TRADICIONAIS, XA COMEZARON A APARECER ALGUNHAS COUSIÑAS DAS NOSAS CASAS. CENTRÁMONOS NA "MARIQUITILLA" EN PARTICULAR PORQUE A VIMOS EN VARIOS LUGARES DO COLEXIO E ALGÚNS SABÍAN COMO SE XOGABA. XA VOS EXPLICAREMOS

venres, 3 de outubro de 2014

COMEZAMOS PROXECTO!!!

Comezamos mes e comezamos proxecto!!!!




Sabes xa o que imos a traballar este ano? Unha pequena pista: 
Nunca foi tan"divertido" vir ao cole!!!!