Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de abril de 2016

Contacontos: A vaca que puxo un ovo


Ana, nai de Brais , deleitounos cun marabilloso conto "A vaca que puxo un ovo" Quedamos encantados coa narración que nos fixo, foi moi divertido e como remate unha vaquiña tiña preparada unha sorpresa para cada un de nós: un ovo dourado!!!




Conto nai Brais - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

venres, 15 de maio de 2015

Día das Letras Galegas: Lecturas Compartidas

Un ano mais no Día das Letras Galegas tivemos a ocasión de ler e compartir historias e emocións. Así durante "a hora de ler" os nenos buscaron un recanto no patio mentres soaba a música.
Pouco despois os libros abríanse e deixaban voar palabras que enchían o aire de fantasía e maxia.....


LECTURAS COMPARTIDAS por angelesfor

martes, 28 de abril de 2015

Sesión de Contacontos:" Contos de Burros"

Con motivo da celebración do Día do libro hoxe recibimos na BiblioCrocaio a visita de Ignacio Vilariño Sanmartín por xentileza do Consorcio Editorial Galego S.A.
Foi unha sesión de animación titulada "Contos de Burros" e  pensada para achegar aos nenos ao mundo da literatura, dos contos, da fantasía, da creatividade...
Ignacio Vilariño adicase a escribir pero tamén as artes escénicas e dirixe unha compañia "Fantoches Baj" coa que ten representado varias obras.
Coa súa visita  descubrimos que é un contacontos que fai que os nenos se "metan" no conto e participen activamente. 

sábado, 25 de abril de 2015

Padriños lectores

Cada 23 de abril os nenos e nenas do colexio comparten cos seus padriños lecturas e soños....
son armados e valentes cabaleiros, nadan coas sereas no fondo do mar, comparten mesa con meigas e trasnos, saltan con forza nos charcos, convértense en piratas con pata de pau e parche no ollo,  descobren cal é o mellor sabor de todos os sabores e...
sempre reinarán no Castelo do Ceip Eduardo Pondal !


COS LIBROS VIVIRÁS MIL AVENTURAS

luns, 20 de abril de 2015

23 de Abril: Día do libro


O vindeiro día 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a súa  declaración pola UNESCO no ano 1995. Esta data foi elexida pola coincidencia da morte de tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespeare.

É como abril é o mes dos libros premendo na imaxe leváravos ao blogue da nosa biblio onde tedes toda a información referente a esta data

xoves, 8 de maio de 2014

Cociñando con contos

Tivemos o obradoiro " Cociñando con contos" coa contadora Raquel de OQO EDITORA a través do Servizo de Normalización Lingúistica do concello de Vigo. Encantounos!!!! tan só tendes que ver as caras dos nenos...

cociñando contos by Slidely Slideshow

mércores, 30 de abril de 2014

ABRIL TEMPO DE LER

Como abril é o Mes dos libros e da lectura na derradeira semana no cole realizaronse múltiples actividades relacionadas coa lectura e cos proxectos que estamos a traballar nas aulas.

Na aula do 2º ciclo de primaria rendéronlle un homenaxe a Gabriel García Marquéz.

Na aula de 3 anos:

Na aula de 4/5 anos:



Tamén participamos no Apadriñamento lector na hora de ler na que en grupos de tres alumnos: 2 nenos de primaria con un de Ed. Infantil compartimos un conto.


apadriñamento lector abril by Slidely Slideshow

luns, 21 de abril de 2014

Día do libro 2014


O vindeiro día 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a súa  declaración pola UNESCO no ano 1995. Esta data foi elexida pola coincidencia da morte de tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespeare.

E como abril é o mes dos libros aqui tendes un dos nosos contos favoritos contado por esta pequena "gran" lectora.


venres, 4 de abril de 2014

Alicia Borrás Sanjurjo visita o cole

Hoxe, Alicia Borrás Sanjurjo autora do libro " O señor corpo quere xogar" visitou a Bibliocrocaio. Alí contou  o conto aos peques que o disfrutaron moitisimoooo!





Alicia Borrás by Slidely Slideshow

mércores, 2 de abril de 2014

Día Internacional do Libro Infantil

Como cada ano o día 2 de abril conmemorase o Día Internacional do libro Infantil coincidindo coa data de nacemento de Hans Cristian Andersen.


  Tedes toda a información relativa a este día no blogue da Bibliocrocaio ( premendo na imaxe)


martes, 23 de abril de 2013

Día do libro

Hoxe celebramos no cole o día do libro e os nenos de infantil levamos traballando esta conmemoración dende a semana pasada participando nas diferentes actividades propostas a nivel de centro. Aqui está un resumo de todo o que fixemos!

dia do libro by angeles formoso martinez on Slide.ly - SlideShow Maker

luns, 22 de abril de 2013

Día do libro

O vindeiro martes día 23 de abril celebrase o Día do libro. A celebración deste día foi unha decisión de xeito espóntaneo para render unha homenaxe os libros e os autores. Un dos libros preferidos dos nenos na" hora de ler" e o libro A que sabe a lúa que non se cansan de escoitar.