Amosando publicacións coa etiqueta curso 2016/2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2016/2017. Amosar todas as publicacións

venres, 9 de xuño de 2017

Muro do cole rematado!


Durante toda esta semana a artista Vanesa Álvarez, en colaboración co Concello de Vigo, pintou o muro en homenaxe a Eduardo Pondal.
Fantástico o seu traballo!!
Preme aqui para ler a nova no Faro de Vigo


martes, 30 de maio de 2017

Obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata"

A Consellería do mar dentro do programa Aliménta-T ben trouxonos ao cole o Obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" coa finalidade de dar a coñecer a importancia das conservas de peixes e mariscos na nosa alimentación.


VIDEO OBRADOIRO PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA por pondalsampaio

venres, 26 de maio de 2017

Contacontos

Puri, nai de Lois, viu acompañada de Pili, que deleitounos representando un conto que seguro que coñecedes: "A que sabe a lúa?". E o mellor foi que fixera todolos animaliños do conto e a lúa con distintos materiais. Menudo traballo!! Quedou precioso. Grazas!!
CONTO DE PILI por pondalsampaio

mércores, 24 de maio de 2017

Proxecto Exipto

A piques de rematar o proxecto sobre Exipto (no que aprendemos moitas cousas) investigamos como era unha momia e coñecemos o traballo que fixeron os alumnos de 4º sobre esta civilización.

PROXECTO EXIPTO por pondalsampaio

luns, 22 de maio de 2017

Contacontos

Montse, nai de Adriana, relatounos un divertido conto: "Felipe tiene gripe". Quedamos encantados, foi moi divertido. E ao final deunos un pequeno agasallo. Esperámoste outra vez. Moitas grazas

venres, 19 de maio de 2017

Cantiga Carlos Casares

Para o día das Letras Galegas preparamos unha cantiga sobre o autor homenaxeado este ano con anacos da súa biografía.
O video é dun dos ensaios feitos na aula.
carlos casares por pondalsampaio

luns, 15 de maio de 2017

Visita ao Mercado do Progreso

A través da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vigo visitamos o Mercado do Progreso coa finalidade de sensibilizar ao alumnado en hábitos saúdables de alimentación con produtos obtidos de forma sostible.


VIDEO MERCADO PROGRESO por pondalsampaio

martes, 9 de maio de 2017

9 de maio: Día de Europa en realidade aumentada

Con motivo da celebración o 9 de maio do Día de Europa (Orde do calendario escolar 2016/2017) coloreamos unha bandeira dun pais europeo poñendolle o seu nome. Despois comprobamos como a través da realidade aumentada as nosas bandeiras "movianse"


martes, 2 de maio de 2017

"O cociñeiro Martiño"


Iago López Santos autor do libro "O cociñeiro Martiño· visitounos para contarnos historias do cociña do palacio real. Nel andaban a buscar unha persoa para traballar na cociña pero... para quen sería para o rei ou a raiña.... No video do conto veredes para quen tiña que cociñar.....


mércores, 26 de abril de 2017

domingo, 23 de abril de 2017

Anunciando en galego

Desde o E.D.L.G propuxemos a actividade "Anunciando en galego" que consístia en elaborar un cartel dunha película en galego.


xoves, 20 de abril de 2017

Día do libro 2017

Para o celebrar o día do libro este ano lemos entre todos un fragmento do libro "Don quijote de la Mancha"
E como este curso vai de cine amosámosvos cales son os "nosos libros estrela"

mércores, 19 de abril de 2017

Sementamos na horta

Onte estivemos a sacar uns cantos chícharos que nos trouxeron da horta. Foi moi divertido!!!
Tamén levamos os xirasois que plantaramos. Para que nazca a flor do xirasol precisamos traspantala nas nosas casas.