Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de decembro de 2016

Obradoiro "Camiña con nós pola Igualdade"

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo trouxonos ao cole o "Obradoiro de Igualdade: Igualdade de sexos, os xoguetes" coa finalidade de dar a coñecer aos nenos o sexismo da publicidade.

mércores, 9 de novembro de 2016

Pegadas de conto

Bea Campos e Davide Gonzalez de Migallas Teatro viñeron a contarnos historias que deixan pegadas.
Contaronnos Que fai falta? , Tu canción, Orellas de bolboreta, Al furgón e A banda de Vilacendoi





mércores, 12 de outubro de 2016

Terapia Canina

Participamos un curso mais nos obradoiros de "Terapia Canina" do Concello de Vigo que son levados a cabo pola asociación Ramalladas. Esta iniciativa forma parte do Plan de Saúde do Concello de Vigo e a súa finalidade é mellorar o autocontrol e concentración dos nenos. 

xoves, 29 de setembro de 2016

Obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

Hai uns días tivemos no cole o obradoiro " O sabor da aventura está no mar" e que tivo como protagonistas aos Arroases para dar a coñecer a importancia do consumo de peixe.

luns, 14 de marzo de 2016

Obradoiro de Igualdade

A Concelleria de Igualdade do Concello de Vigo trouxonos ao cole o II Obradoiro de Igualdade dentro do programa Camiña con nós pola Igualdade.

mércores, 17 de febreiro de 2016

Obradoiro: Para cantar e bailar

A Concellería de N.L. a través do servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo trouxonos ao cole o obradoiro: Para cantar e bailar.
Con esta actividade pretendeuse achegar cantigas e xogos cantados e bailados con coreografías sinxelas e letras en galego para experimentar os primeiros pasos do baile tradicional e practicar diversas melodías e ritmos traballando a linguaxe, a psicomotricidade, o sentido do ritmo desenvolvendo unha actividade grupal.
Todas as cantigas son tradicionais e estiveron acompañadas por Luis Prego, mestre de canto e baile tradicional e autor dos libros "Para cantar e bailar" e "Xogos musicais" 

martes, 16 de febreiro de 2016

Obradoiro: A música das árbores

A Concellería de N.L. a través do Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo trouxonos ao cole o obradoiro : A música das árbores
Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as follas nace unha sinfonía. Cando a chuvia cae nas follas soan diferentes instrumentos. As treboadas fan danzar os freixos e xorde un espectáculo de ballet.
Esta actividade está relacionada co libro do mesmo nome na que Servando Barreiro tratou de sensibilizar aos nenos coa contorna natural a través da música e dos contos e con cantigas participativas co galego como lingua vehicular.

martes, 10 de novembro de 2015

Obradoiro de papel reciclado

A Concellería de N.L. a través do Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo trouxonos ao cole o Obradoiro de elaboración de papel reciclado.A través da reutilización e reciclaxe do papel usado o alumnado participou na elaboración dun papel diferente asemade isto axudoulles a reflexionar sobre o abuso das cortas das árbores e o monocultivo.

No video tedes o resumo da actividade:


mércores, 4 de novembro de 2015

Obradoiro: " O soño de Ester"

A concellería de NL a través do Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo trouxonos ao cole o Obradoiro " O soño de Ester"
Baixo a idea de que os contos están para vivilos Miguel Ángel Alonso Diz achegounos estas e outras historias coas que puidemos aprender dun xeito divertido as vogais, puntos cardinais, os números e o amor pola nosa lingua.
A actividade levou asociado un "obradoiro  de pintar con luz ou lightpainting" coa que facendo uso da imaxinación e a creatividade os alumnos trazaron vogais, letras , números e mesmo fixeron debuxos
VIDEO OBRADOIRO O SOÑO DE ESTER por angelesfor

venres, 23 de outubro de 2015

Terapia Canina

Esta semana recibimos no cole un obradoiro de "Terapia Canina" a cargo da asociación Ramalladas en colaboración co Concello de Vigo. Esta iniciativa forma parte do plan de saúde do Concello de Vigo e o seu obxectivo é conseguir que os nenos melloren o seu autocontrol, concentración e incluso facilitar a súa integración social.
Deixámosvos un video resumo da actividade:


VIDEO TERAPIA CANINA por angelesfor

mércores, 13 de maio de 2015

Contos do medio

A Concellería  de N.L. a través do servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo trouxónos ao cole a actividade "Contos do medio". Con esta actividade comprendemos a importancia que teñen as abellas na reproducción das plantas e no mantemento do ecosistema a través do conto "A abella Melifera"

mércores, 6 de maio de 2015

Apoio e reforzo educativo asistido por cans "Método Pellitero"

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo está a desenvolver un programa de apoio e reforzo educativo asistido por cans pioneiro en España "Método Pellitero" que se basa no emprego dun can como nexo de unión e catalizador social entre os nenos o que posibilita o aumento da interacción social e o interese por aprender.
Recibimos a visita de Trufa e Senda que viñeron co responsable do programa Juan Luis Pellitero.
  A experiencia resultou moi positiva !!


METODO PELLITERO por angelesfor

mércores, 8 de abril de 2015

Obradoiro: Aprendendo na música Mai Lúa

A Concellería de N.L. do concello de Vigo a través do Servizo de Normalización  Lingüistica do concello de Vigo trouxonos ao cole o obradoiro Aprendendo na música Mai Lúa .
Con esta actividade pretendeuse exercitar a capacidade auditiva a través de distintos instrumentos, monicreques e outros elementos que serviron para captar a atención dos nenos empregando cancións e vocabulario sinxelo para habitúalos a sonoridade do galego.

No video hai un pequeno resumo desta actividade

luns, 23 de febreiro de 2015

Polo correo do vento

A concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo trouxonos ao cole a actividade ”Polo correo do vento” na que a a palabra e a imaxe  son as ferramentas esenciais  para activar a creatividade e a imaxinación dos mais pequenos

sábado, 21 de febreiro de 2015

luns, 20 de outubro de 2014

Obradoiro de Igualdade

Hoxe tivemos no cole un Obradoiro de Igualdade da Concellería de N.L. do Concello de Vigo no que aprendemos coa axuda de Elsa as semellanzas e diferenzas existentes entre os nenos e as nenas. 

xoves, 6 de febreiro de 2014

Atrévete a probar!!: Obradoiro de zume de laranxa

Coa chegada do inverno chegan os resfriados asi que esta é a mellor época para tomar laranxas!!!
Coas laranxas xogamos, vimos a súa cor, a súa forma, a súa textura, o seu tamaño, contámolas e cada un fixo o seu propio zume. A iniciativa foi todo un éxito!!!

obradoiro zume de laranxa by Slidely Slideshow

martes, 4 de febreiro de 2014

Contacontos: A maleta da avoa

Onte tivemos no cole grazas a  Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo a contadora Raquel Queizás co contacontos  A maleta da avoa  
Raquel dende ben pequena escoitaba os contos da avoa, pola mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria entre libros, culleres, chapeus e......

Os nenos e non tan nenos que asistimos a esta sesión encantounos!!!!!!!

a maleta da avoa by Slidely Slideshow

E como agasallo unha pequeniña mostra desta contacontos na biblio Crocaio

luns, 3 de febreiro de 2014

Obradoiro: Paseniño pola lingua

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, trouxonos o cole unha actividade dinamizadora do galego que consistiu nunha xincana na que os nenos tiveron que superar unha serie de probas a través da linguaxe corporal e verbal co obxectivo de conseguir a peza dun quebracabezas, cuxa correcta montaxe presenta un collage da nosa cidade e palabras en lingua galega, relacionadas con ela e coa nosa cultura.



paseniño coa lingua by Slidely Slideshow