Amosando publicacións coa etiqueta biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblio. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de febreiro de 2018

#abrideafiestra


O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, este ano o lema da proposta é #abrideafiestra. Nós sumámonos a esta iniciativa traballando o poema "O moucho" a tráves dunha fiestra.
Animádevos a enviar as vosas fotos co traballo de Rosalía e o vindeiro venres xuntaremolas todas baixo o cancelo #abrideafiestra.

martes, 1 de marzo de 2016

Un acuario para Igrexa-Candeán

O colexio Igrexa-Candeán regalounos un xogo de pesca que fixeron como parte do seu proxecto sobre o mar.Como agradecemento elaboramos un acuario que esperamos que vos guste.
Un saúdo para todos e todas.