Amosando publicacións coa etiqueta Información para as familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Información para as familias. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de febreiro de 2016

Contacontos en inglés


Gina quere celebrar a súa festa de aniversario pero ningún dos seus amigos pode asistir.
Qué pasará?
 A biblioteca Neira Vilas en colaboración con Kids&Us organiza esta sesión de contos en inglés para fomentar a aprendizaxe dos idiomas entre o público infantil.
Venres, 12 de febreiro ás 19:00 horas

xoves, 26 de novembro de 2015

Plan Director 2015/2016


Un ano mais o Ceip Eduardo Pondal participa no Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos con charlas que van enfocadas tanto aos alumnos como as familias.
O vindeiro martes 1 de decembro de 2015 as 17:00 horas terá lugar unha charla dirixida as familias sobre o acoso escolar.
Importante: É necesario confirmar a asistencia

domingo, 8 de novembro de 2015

xoves, 5 de novembro de 2015

martes, 20 de outubro de 2015

Storytime phanton manor: Contos en inglés



Dende o departamento de Inglés proponsenos a seguinte actividade na Biblioteca Neira Vilas en colaboración con KIDS&US : Unha sesión de contacontos en inglés sobre SAMAÍN ou HALLOWEEN !!
Animádevos, seguro que é "terrorificamente" divertida

VENRES, 23 DE OUTUBRO ás 18:00 H
Aforo limitado

xoves, 1 de outubro de 2015

E como vai de contos..."Venres nas librarias"


Un ano mais a Consellería de Cultura e Educación xunto coa asociación  galega de editores (AGE) propón a actividade "Venres nas librarias" coa que se pretende dar a coñecer os libros de contos de autores galegos.
No seguinte arquivo podedes consultar a programación para os meses de outubro e novembro

luns, 1 de xuño de 2015

Proxecto: Os xogos tradicionais


Na aula de 3/4 anos o proxecto deste curso 2014/2015 "Os xogos e a tradición" xa está rematado!! En breve comezará a "viaxar" e chegará as vosas casas.
Que o disfrutedes!!!

sábado, 23 de maio de 2015

II Semana da froita













A vindeira semana (do 25 ao 29 de maio de 2015) teremos a II Semana da froita na que nos períodos de recreo repartírase froita fresca da tempada. 

xoves, 30 de abril de 2015

Os Maios 2015


Con motivo da celebración da festa tradicional dos Maios, no cole faremos un ao longo da vindeira semana. Para a súa elaboración (o martes e o mércores) podedes traer flores, follas, herba, paús... ou o que se vos ocorra...!!!!

xoves, 16 de abril de 2015

Axudas municipais escolares para libros e comedor, curso 2015/2016



Informáse da publicación das bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión das axudas municipais de libros, comedor e material escolar para alumnos de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil ( 2º etapa ), educación primaria e secundaria do concello de Vigo para o curso 2015/2016.

Poden consultarse ditas bases no taboleiro oficial de anuncios da casa do concello, nos centros de servizos sociais municipais e na páxina web do Concello de Vigo ou descargalas na páxina web do cole (apartado secretaría) nos arquivos adxuntos (bases e formulario de solicitude)


Prazo de presentación de solicitudes do 17 de abril de 2015 ao 11 de maio de 2015, ámbolos dous inclusive

xoves, 15 de xaneiro de 2015

I Semana da froita

A vindeira semana daremos comezo a modalidade de Froita na escola coa finalidade de contríbuir a adquisición de hábitos saúdables xa que o CEIP Eduardo Pondal  participa no programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar enmarcado dentro do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.co proxecto " O mellor sabor de todos os sabores é..." Os períodos nos que se vai a desenvolver dita actividade son os seguintes:

·         Período 1: 19/01/2015 ao 23/01/2015

·         Período 2: 25/05/2015 ao 29/05/2015


mércores, 3 de decembro de 2014

Culturgal en Pontevedra

A vindeira fin de semana, do 5 ao 7 de decembro, celebrase en Pontevedra unha nova edición do CULTURGAL ( a feira das industrias culturais de Galicia) no Pazo de Cultura de Pontevedra.



martes, 2 de decembro de 2014

Plan Proxecta 2014/2015: O mellor sabor de todos os sabores é...!!!



O  CEIP Eduardo Pondal  participa no programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar enmarcado dentro do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.co proxecto 

" O mellor sabor de todos os sabores é..."

O obxectivo deste programa é a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo de froitas, lácteos ou conservas do mar, dependendo da modalidade.

O noso centro participa nas seguintes  modalidades do programa:

1.  Froita na escola
2.  O sabor da aventura está no mar
3.  Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar)



domingo, 30 de novembro de 2014

Actividades de Nadal do Concello de Vigo


O Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo vai desenvolver distintas actividades no Nadal dentro do programa 
"No Nadal... un conto" e que estan dirixidas aos mais pequenos. No seguinte arquivo podedes consultar todas as actividades asi coma os lugares onde se van realizar:

martes, 18 de novembro de 2014

Actividade para as Familias

O martes 25 de novembro, terá lugar na Biblio Crocaio,unha charla sobre RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS,destinada ás familias do CEIP Eduardo Pondal, dende as16.15 ata as 17:45 horas.
Esta actividade está organizada polo Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo, en colaboración coa Concellería de Política de Benestar do Concello de Vigo e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.



mércores, 8 de outubro de 2014

PLAN DIRECTOR 2014/15

O martes 28 de outubro, e grazas ao Plan Director, 
teremos no CEIP Eduardo Pondal unha charla para nais e 
pais sobre "Novas tecnoloxías: uso de Internet" ás 16:15 horas.

Dita charla levarana a cabo, como o curso pasado, D. Luis Alberto Luaces, Delegado da Participación Local Ciudadana da Comisaría Local de Vigo-Redondela. 
Agardamos a máxima asistencia.


martes, 7 de outubro de 2014

ACLARACIÓN CALENDARIO ESCOLAR


Debido a un erro no calendario escolar lembramósvos que   
o vindeiro día 13 de outubro non é festivo na nosa Comunidade Autónoma, polo tanto haberá clase.

luns, 22 de setembro de 2014

LISTADO BECADOS LIBROS E COMEDOR POLO CONCELLO DE VIGO

Publicados os listados coa resolución das axudas de comedor e de libros. Este mesmo listado está colgado na páxina web do concello e nos taboleiros de anuncios de todos os centros de Servizos Sociais do Concello de Vigo así como tamén esta publicado na páxina web do colexio (premendo aqui podedes consultar as listaxes)