Amosando publicacións coa etiqueta proxecto Miró. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto Miró. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de xuño de 2014

Actividade Final do Proxecto

Como remate do  proxecto anual "Esta biblio pinta ben" e do que forman parte os proxectos traballados nas aulas de infantil, (Kandinsky e Joan Miró) colaboramos na actividade " Este cole é un museo"

Recollido do blogue da Bibliocrocaio:


domingo, 8 de xuño de 2014

Días de arte na escola!!


RECOLLIDO DO BLOGUE DA BIBLIOCROCAIO:

No blogue da biblio aparece un resumo do libro do proxecto sobre Miró que elaboramos na aula de 4/5 anos durante todo o curso. 
Graciñas a profe Ángeles S. pola montaxe!

Coñecendo a Joan Miró traballaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos durante todo o curso, aquì tedes o resumen deste sensacional proxecto que está enmarcado dentro do noso proxecto anual da Bibliocrocaio, xa sabedes:
Esta Biblio pinta ben!!

mércores, 30 de abril de 2014

ABRIL TEMPO DE LER

Como abril é o Mes dos libros e da lectura na derradeira semana no cole realizaronse múltiples actividades relacionadas coa lectura e cos proxectos que estamos a traballar nas aulas.

Na aula do 2º ciclo de primaria rendéronlle un homenaxe a Gabriel García Marquéz.

Na aula de 3 anos:

Na aula de 4/5 anos:



Tamén participamos no Apadriñamento lector na hora de ler na que en grupos de tres alumnos: 2 nenos de primaria con un de Ed. Infantil compartimos un conto.


apadriñamento lector abril by Slidely Slideshow

sábado, 1 de marzo de 2014

DESFILE ENTROIDO 2014

Onte tivemos o desfile de Entroido coa temática da pintura como xa sabedes. Había unha gran variedade: Kandisky, Miró, Picasso, Vélazquez, Seoane... Pasámolo moi ben e estabamos guapisimos!!!

Agradecer as familias que nos acompañaron neste día tan especial para os peques así como a AMPA que tamén colaborou no desfile

xoves, 27 de febreiro de 2014

E mañá o desfile..!!!!!!!!!!!

Estes días no cole son días de moito traballo para ter todo rematado para o desfile de Entroido de mañá!!
O pasado venres presentamos os nosos disfraces o resto de cursos do cole. E como non podía ser doutro xeito infantil levará...........



sábado, 14 de decembro de 2013

Postais de Nadal

O Nadal xa está aquí!!!! e como o tema central do cole este ano é a pintura fixemos unhas postais de Nadal partindo dun cadro moi famoso.

Na aula de 4/5 anos "Mujer delante del sol" de Miró:



mujer delante del sol, Miró by Slidely Slideshow

Na aula de 3 anos "Cuadrados de Color" de Kandinsky


cuadrados con circulos, kandisky by Slidely Slideshow

xoves, 17 de outubro de 2013

PROXECTO MIRÓ

Hai uns días enviamos unha nota pedindo material e información para comezar o proxecto dedicado a Miró. Pouco a pouco o noso recanto vai tendo cousas moi interesantes!!!!! Moitas grazas as familias pola súa colaboración!!

angeles formoso martinez's Slidely by Slidely - Slideshow maker

sábado, 12 de outubro de 2013

Proxecto

RECOLLIDO DO BLOGUE DA BIBLIO: Distintos traballos feitos para o proxecto deste curso: A biblio CROCAIO pinta ben!!! Se queredes ver mais cousas do que se está a facer premede na palabra biblio e levaravos ó blogue onde poderedes ver o resto de fotos.

luns, 7 de outubro de 2013

Proxecto Miró

Os peques de 4 e 5 anos comezamos o proxecto sobre Miró que desenvolveremos ao longo de todo o curso e que vai estar relacionado coas actividades que se levaran a cabo no centro.

En breve colgaremos as fotos dos primeiros traballos que fixemos na aula!!