Amosando publicacións coa etiqueta curso 2018/2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2018/2019. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de xuño de 2019

5 de xuño Día do medio ambiente


Con motivo da celebración do día do medio ambiente o día 5 de xuño aproveitamos para plantar árbores no patio do centro e que foron apadriñados un en cada aula

martes, 4 de xuño de 2019

Contacontos Brais Moure

Brais Moure veu ao cole a contarnos historias dos bosques nos que viviu o autor das Letras Galegas Antón Fraguas.

xoves, 21 de marzo de 2019

mércores, 13 de marzo de 2019

Intervención Asistida con cans


Comezamos de novo co programa IAP (Intervención Asistida con cans) para o control das emocións e a mellora do rendemento académico. Desta vez veu Apple co seu adestrador/ monitor Rodrigo a traballar con nós.


venres, 1 de febreiro de 2019

Programa escolar de froita, hortalizas e lácteos.

Dentro do programa Aliménta-T Ben da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional en colaboración coa Consellería do Medio Rural FOGGA, comezamos co reparto de leite.




mércores, 30 de xaneiro de 2019

Día escolar da Paz e da non violencia

Desde 1964 cada 30 de xaneiro celébrase en todos os centros educativos o Día escolar pola paz e a non violencia coincidindo coa morte de Mathama Gandhi.
Nesta data lembramos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade e o respeto aos Dereitos Humanos. Este ano e sumándonos ao proxecto colaborativo formado polos centros Ceip Igrexa Candeán, Ceip Plurilingüe Carballal-Cabral e CeipEduardo Pondal traballámola de xeito compartido.
Nos seguintes videos podedes ver os  videos que lles  enviamos aos centros e os agasallos que estes nos fixeron.


luns, 28 de xaneiro de 2019

Familias contadoras de contos


Eva, nai de Lucas V. veu está mañá a contarnos dous contos. Encantaronnos!! e sen dúbida Eva é unha gran contadora de contos. Agardámoste en breve...

venres, 11 de xaneiro de 2019

Día do usuario das bibliotecas

O 11 de xaneiro as bibliotecas celebran o Día do usuari@ para motivar e incentivar o gusto pola lectura e o uso das bibliotecas.



mércores, 26 de decembro de 2018

sábado, 15 de decembro de 2018

O bosque en Nadal

Dentro do P.D.I da biblioteca " Contamos co bosque" a proposta de Nadal deste ano era a realización de postais e adornos navideños relacionados co bosque.