Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2013/2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2013/2014. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de xuño de 2014

Actividade Final do Proxecto

Como remate do  proxecto anual "Esta biblio pinta ben" e do que forman parte os proxectos traballados nas aulas de infantil, (Kandinsky e Joan Miró) colaboramos na actividade " Este cole é un museo"

Recollido do blogue da Bibliocrocaio:


venres, 20 de xuño de 2014

mércores, 18 de xuño de 2014

Cumples Xuño

A piques de rematar este curso, hoxe celebramos nas aulas de infantil os derradeiros cumples!! Cumple Xián e Evelyn on PhotoPeach Cumple Daniela V, Kevin F. e Eduardo on PhotoPeach

domingo, 8 de xuño de 2014

Días de arte na escola!!


RECOLLIDO DO BLOGUE DA BIBLIOCROCAIO:

No blogue da biblio aparece un resumo do libro do proxecto sobre Miró que elaboramos na aula de 4/5 anos durante todo o curso. 
Graciñas a profe Ángeles S. pola montaxe!

Coñecendo a Joan Miró traballaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos durante todo o curso, aquì tedes o resumen deste sensacional proxecto que está enmarcado dentro do noso proxecto anual da Bibliocrocaio, xa sabedes:
Esta Biblio pinta ben!!

martes, 3 de xuño de 2014

PERCUSSOES

Hoxe tivemos a visita de Xurxo que nos trouxo unha actividade a  traves do Servizo de Normalización linguistica do Concello de Vigo chamada "Percussoes" e que nos serviu para coñecer os diferentes instrumentos musicais. PERCUSSOES on PhotoPeach

luns, 2 de xuño de 2014

LECTURAS COMPARTIDAS

Aproveitando que hoxe ía unha mañá estupenda aproveitamos para ter as derradeiras lecturas compartidas por este curso. É unha actividade que nos encanta!!!  Lecturas compartidas on PhotoPeach

venres, 30 de maio de 2014

OBRADOIRO CONTOS DO MEDIO

Esta semana os peques de 4/5 anos tivemos no cole un obradoiro grazas, unha vez mais, ao Servizo de Normalización Linguistica do Concello de Vigo. Neste obradoiro falouse da importancia das abellas para o ecosistema dun xeito moi sinxelo.

contos do medio by Slidely Slideshow

luns, 19 de maio de 2014

CUMPLES MAIO

Hoxe celebramos na aula de 4/5 anos o cumple de Natalia cunha tarta de chocolate que estaba riquisima!!!
Parabéns Natalia!!! CUMPLA NATALIA on PhotoPeach

venres, 16 de maio de 2014

mércores, 14 de maio de 2014

Atrévete a probar!!! PLÁTANO

Pois hoxe atrévemonos a probar uns plátanos!! Ademais de probar tamén estivemos xogando con eles pois os mais peques din que un plátano semellase a....

Atrévete a probar!! Plátano by Slidely Slideshow

martes, 13 de maio de 2014

luns, 12 de maio de 2014

domingo, 11 de maio de 2014

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES PARA LIBROS E COMEDOR 2014/2015

O concello de Vigo acaba de abrir o prazo para a solicitude de Axudas Municipais Escolares para Libros e Comedor para o vindeiro curso 2014/2015.


O prazo é do 2 ao 30 de maio (ámbolos dous incluidos)



sábado, 10 de maio de 2014

CUMPLE IKER

A semana pasada na aula de tres anos estivo de cumple Iker e así de ben o pasaron!!! Cumple Iker on PhotoPeach

venres, 9 de maio de 2014

Plan Proxecta: Alimenta-T ben; II Semana da froita



A vindeira semana (do 12 ao 16 de maio) terá lugar a 
II Semana da froita. 
Durante os períodos de recreo procederase ao reparto da froita a todos os alumnos

xoves, 8 de maio de 2014

Cociñando con contos

Tivemos o obradoiro " Cociñando con contos" coa contadora Raquel de OQO EDITORA a través do Servizo de Normalización Lingúistica do concello de Vigo. Encantounos!!!! tan só tendes que ver as caras dos nenos...

cociñando contos by Slidely Slideshow

mércores, 30 de abril de 2014

ABRIL TEMPO DE LER

Como abril é o Mes dos libros e da lectura na derradeira semana no cole realizaronse múltiples actividades relacionadas coa lectura e cos proxectos que estamos a traballar nas aulas.

Na aula do 2º ciclo de primaria rendéronlle un homenaxe a Gabriel García Marquéz.

Na aula de 3 anos:

Na aula de 4/5 anos:



Tamén participamos no Apadriñamento lector na hora de ler na que en grupos de tres alumnos: 2 nenos de primaria con un de Ed. Infantil compartimos un conto.


apadriñamento lector abril by Slidely Slideshow

luns, 28 de abril de 2014

CUMPLES ABRIL

A piques de rematar abril celebramos nas dúas aulas os cumples deste mes. Na aula de tres anos, Leire cumpliu 4 anos e na aula de 4/5anos Paula  xa ten 6 anos!! Parabéns as dúas!!!

CUMPLE LEIRE:


cumple leire by Slidely Slideshow



CUMPLE PAULA:


cumple paula by Slidely Slideshow

xoves, 24 de abril de 2014

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Hoxe tivemos no cole o obradoiro de igualdade "Camiña con nós pola igualdade" da Concellería de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo. Ao rematar recibimos un diploma de participación xa que con este obradoiro pechamos un ciclo de actividades relacionadas con esta temática.

obradoiro de igualdade by Slidely Slideshow

luns, 21 de abril de 2014

Día do libro 2014


O vindeiro día 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a súa  declaración pola UNESCO no ano 1995. Esta data foi elexida pola coincidencia da morte de tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespeare.

E como abril é o mes dos libros aqui tendes un dos nosos contos favoritos contado por esta pequena "gran" lectora.