Amosando publicacións coa etiqueta Alimentáte ben 2014/2015: plan Proxecta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alimentáte ben 2014/2015: plan Proxecta. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de xuño de 2016

Ponlle as pilas ao teu bocata

Dentro do programa Aliménta-T Ben do Plan Proxecta participamos no obradoiro " Ponlle as pilas ao teu bocata" que tivo como finalidade coñecer a importancia das conservas de peixes e mariscos na alimentación.
Ao rematar tomamos un bocadillo riquisimo !!

domingo, 7 de xuño de 2015

O mellor sabor de todos os sabores...nos días de psicomotricidade!!!!

Como actividade dentro do proxecto "O mellor sabor de todos os sabores é..." do plan Proxecta " Aliménta-T Ben " nos días de psicomotricidade (de xaneiro a maio) escollemos cal era para nós o mellor sabor vinculando deste xeito a actividade física e a boa alimentación ... e este é o resultado:

venres, 29 de maio de 2015

II Semana da froita : Plátano

No derradeiro día desta II Semana da froita merendamos plátanos que estaban boisimoos!!

SABÍAS QUE ?
  1. É unha fonte de vitaminas: A, B6, C, Betacaroteno e ácido fólico.
  2. Ten un alto contido en potasio, magnesio e fósforo.
  3. En España o plátano producese nas illas Canarias cunha cantidade de 400.000 toneladas anuais.

xoves, 28 de maio de 2015

II Semana da froita: Melón

O xoves merendamos un riquisimooooo melón !!!

SABÍAS QUE:
  • Ten unha elevada cantidade de auga
  • Ten vitamina A e niacina, ácido fólico, vitamina C e vitamina E
  • É rico en sodio, potasio, magnesio e calcio,
  • España ocupa a quinta posición mundial como productora de melón.

mércores, 27 de maio de 2015

II Semana da froita : Albaricoques

Hoxe mércores merendamos uns sabrosos albaricoques !!!

SABÍAS QUÉ...?
1. Ten un alto contido en fibra.
2. É unha fonte de vitamina A, vitamina C ou ácido ascórbico.
3. Rico en minerais coma potasio ou magnesio.


martes, 26 de maio de 2015

II Semana da froita: Nectarina

Hoxe, martes, merendamos nectarina !!!.

SABÍAS QUÉ...?
  • Ten unha elevada cantidade de auga
  • Alto contido en fibra.
  • Contén niacina e vitamina A.
  • Minerais: potasio, magnesio, calcio e iodo.

luns, 25 de maio de 2015

II Semana da froita: Amorodos

Hoxe demos comezo a II Semana da froita enmarcada no programa Aliménta-T Ben do Plan Proxecta da Consellería do Medio Rural e do Mar cuns sabrosos amorodos e dos que os peques deron boa conta !!!

SABÍAS QUÉ...?
  • En España, a provincia de Huelva é a mais especializada no cultivo de amorodos.
  • Entre os minerais o mais elevado é o ferro aínda que tamén conteñen iodo, calcio, potasio e magnesio.
  • Están riquisimos con iogur, nata ou zume de laranxa

sábado, 23 de maio de 2015

II Semana da froita













A vindeira semana (do 25 ao 29 de maio de 2015) teremos a II Semana da froita na que nos períodos de recreo repartírase froita fresca da tempada. 

venres, 22 de maio de 2015

Visita ao mercado de Bouzas

Hoxe os peques visitamos o mercado de Bouzas. Vimos como era o mercado por dentro, os distintos postos que hai.. o que mais lles gustou foi a peixaría!!
Pasamólo xenial!!!

luns, 4 de maio de 2015

Sampondal,zumes sen igual

Agora que comezou a primavera, imos comezar a refrescarnos un pouco con estes zumes. Como auténticos Chefs elaboramos zumes de mazá, uva, sandía, pera e laranxa. E como non, con etiquetado. Tamén fixemos un pequeno anuncio para darlle propaganda.
Estaban boísimos!!

Animádevos a facelos nas vosas casas.

domingo, 3 de maio de 2015

Horto Escolar 2015

Xa temos todo preparado no noso horto !! 
En breve comezaremos a amosar como vai quedando !!



















Agradecer a colaboración das familias que doaron as sementes e as plantas para dar comezo co horto

venres, 24 de abril de 2015

Saída ao Museo do Mar

O venres saímos ao Museo do Mar onde visitamos o acuario e aprendemos un montón de cousas sobre os peixes.
Pasámolo xenial !!!

sábado, 18 de abril de 2015

Obradoiro de cociña: Espumoso de amorodo

É tempo de amorodos!! E por iso o venres realizamos un obradoiro de cociña que consistiu na elaboración dun batido que nos quedou boisimoooo!! 
Seguro que repetimos con outra receita!!!

venres, 17 de abril de 2015

Traballamos hábitos saudables a través de Códigos QR

Esta semana seguindo co proxecto "O mellor sabor de todos os sabores é.." traballamos hábitos saudables de alimentación a través de Códigos QR.
Para a realización da actividade escanearon dúas tarxetas nas que se atopaba a resposta a pregunta que Elmo plantexara...e encantoulles!!!

No video está o resumo desta actividade e tamén deixámosvos os códigos QR...



venres, 27 de marzo de 2015

An egg hunt !!!

Na clase da profe Marisol fixemos unha " An egg hunt"" ou búsqueda dos ovos de pascua. Para esta actividade convertímonos en coelliños cunhas orellas ben simpáticas !!!. 
No video podedes ver o ben que o pasamos!!!

xoves, 5 de febreiro de 2015

SON SAN!!!!

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, trouxonos unha actividade dinamizadora do galego

Son San

É un espectáculo, de Raquel Queizás, de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) A través  de Xan, as nenas e os nenos viron a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable. Tamén reforzaron os seus coñecementos sobre as partes do corpo ao mesmo tempo que descubriron de xeito divertido como levar a cabo unha boa hixiene.
Eu estou san, SON SAN, e ti?

Encantounos!!!!!!


Son san - Kizoa Movie Maker


Despois da visita Raquel Queizas deixounos o seguinte comentario:
Moitisimas grazas a ti por vir o cole!!!


domingo, 25 de xaneiro de 2015

I Semana da froita

O xoves 22 tocou de merenda mazá, 
Algún neno dixo que se semellaba a dun famoso conto e outros atoparon outra "utilidade". 
No video  podedes ver o ben que o pasamos!