Amosando publicacións coa etiqueta día das letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día das letras galegas. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de maio de 2018

17 de maio, Día das Letras Galegas


"O amor pola lingua e as palabras" así definia María Victoria Moreno, autora homenaxeada no día das Letras Galegas,  o que sentía por Galicia.
 Igual que facía a escritora expresamos o que é para nós a lingua galega.


venres, 19 de maio de 2017

Cantiga Carlos Casares

Para o día das Letras Galegas preparamos unha cantiga sobre o autor homenaxeado este ano con anacos da súa biografía.
O video é dun dos ensaios feitos na aula.
carlos casares por pondalsampaio

martes, 10 de maio de 2016

Semana das letras galegas

Con motivo do ano adicado a Manuel María publicase o libro-cd "Canta o cuco" con poemas deste escritor e con ilustracións de Leandro Lamas.


Nós fixemos a nosa "propia versión" da portada deste libro! e aquí van os primeiros. Para ver como nos quedaron só tes que facer os seguintes puzzles:


luns, 9 de maio de 2016

Na semana das letras: Manuel María

Durante a semana das letras galegas adicada este ano a Manuel María, traballaremos a súa biografía e obra para coñecer a este autor.
E como non podemos visitar a Casa Museo de Manuel María porque nos queda un pouco lonxe... fixemos un percorrido virtual para poder coñecela.

martes, 23 de febreiro de 2016

24 de Febreiro: Día de Rosalía #mobilizarosalía

Desde o Ceip Eduardo Pondal sumámonos a iniciativa proposta pola Asociación de escritores e escritoras en lingua galega (AELG) a celebración do día de Rosalía coa tarxeta deseñada por Pepe Barro e cunha escolma dos seus poemas.

mércores, 20 de maio de 2015

Actividades Día das Letras Galegas

O pasado venres día 15 para conmemorar o Día das Letras Galegas ademais da lectura compartida que fixemos no patio, os nenos leron textos de Xose Filgueira Valverde e cantaron cantigas tradicionais.
Deixámosvos o video para que comprobedes como cantaron estas cantigas que ben seguro que algunha coñecedela !!


venres, 15 de maio de 2015

Día das Letras Galegas: Lecturas Compartidas

Un ano mais no Día das Letras Galegas tivemos a ocasión de ler e compartir historias e emocións. Así durante "a hora de ler" os nenos buscaron un recanto no patio mentres soaba a música.
Pouco despois os libros abríanse e deixaban voar palabras que enchían o aire de fantasía e maxia.....


LECTURAS COMPARTIDAS por angelesfor

xoves, 14 de maio de 2015

Escola Municipal de Danza

O martes recibimos a visita de tres membros da Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo, esta actividade está enmarcada dentro do programa municipal "Música e Danza na escola". Ensinaronnos os traxes rexionais así como diferentes instrumentos e danzas.
No video tedes un resumo da actividade: 

luns, 11 de maio de 2015

E este libro de quen vén sendo....?

En galego falo
en galego leo
en galego escribo
en galego todo podo facer
en galego estou no mundo
Meu o mundo é !!!
Estas son as recomendacións lectoras da Bibliocrocaio para o Día das Letras galegas !!

sábado, 9 de maio de 2015

17 de maio:Día das Letras Galegas


Xosé Fernando Filgueira Valverde é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015. A celebración deste día foi instituida no ano 1963 para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos".
Este ano adícaselle a este autor polo seu traballo a prol da lingua e da cultura galega.


martes, 24 de febreiro de 2015

24 de febreiro: Día de Rosalía


Rosalía de Castro (Santiago 1837-Padrón 1885) é a autora das letras galegas modernas e é unha das figuras centrais da literatura española do século XIX.

A imaxe de cabeceira da páxina de inicio de Google, coñecida coma doodle, está hoxe adicada a escritora Rosalía de Catro, en conmemoración do 178 aniversario do seu nacemento

xoves, 16 de maio de 2013