Amosando publicacións coa etiqueta #infantilpondal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #infantilpondal. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2020

Propostas de traballo para o martes 09 de xuño

Propostas de traballo para o martes 09 de xuño.

Bo día de martes!
Hoxe rematamos as propostas de traballo coas derradeiras actividades que nos quedaban:

↪ Contacontos: Conexión Macarrón de Ledicia Costas.
Contido organizado pola Cidade da cultura dentro do programa #aculturasegue neste mes de xuño 2020.





Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 39)  no taboleiro!


↝ A partires de hoxe o blog non se actualizará con propostas de actividades novas xa que os cadernos 5 e 6  e os contidos de repaso / reforzo correspondentes a este trimestre e aos anteriores están rematados no día de hoxe 
Durante estes días publicarase algunha actividade ou recomendación para facer cos nenos, sempre de xeito voluntario.

Para  todos aqueles que aínda lles quede algo por rematar  podedes mirar no taboleiro "O cole na casa" ,ao que podedes acceder desde a marxe dereita do blog, ademais de consultar/ revisar  as entradas publicadas desde o día 16 de marzo (día no que comezamos con este traballo) xa que ahí están todas as propostas de tarefas feitas ao longo destes meses para realizar .   

Para calquera dúbida ou consulta ou para as tarefas podedes enviala ao correo "pondalsampaio@gmail.com"

luns, 8 de xuño de 2020

Propostas de traballo para o luns 08 de xuño

Propostas de traballo para o luns 08 de xuño.

Bo día de luns!
Comezamos semana e con ela as novas propostas de traballo:

↪ Reto: Construímos con bastonetes.

↪ English: Tarefas para realizar ao longo da semana.
Listen to the history: I want to be an astronaut.




Páxina 30 do libro: Look and stick the page stickers. Colour the planets.

Despois escoitamos a canción

Reverso da páxina 30 : Draw yourself in the rocket and colour ( Debuxamonos dentro do foguete espacial e coloreamolo




Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 38)  no taboleiro!

venres, 5 de xuño de 2020

Propostas de traballo para o venres 05 de xuño

Propostas de traballo para o venres 05 de xuño.

Bo día de venres!
Deixovos as  propostas de traballo para hoxe:




Semana do medio ambiente

↪ Reto do venres: Aforro auga.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

↪ Reto: Xogamos cunha baralla de cartas



↪ English:
Debuxamos a nosa familia e coloreamola. Despois recortamos polos puntiños e doblamola polas liñas
para que nos quede un albúm.

Contamos o número de ovos e na parte traseira debuxamos 3 ovos dentro da cesta e coloreamos o coello

Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 37)  no taboleiro!

Vemónos/lémonos o luns e lembra  #sentidiño!

xoves, 4 de xuño de 2020

Propostas de traballo para o xoves 04 de xuño

Propostas de traballo para o xoves 04 de xuño.

Bo día de xoves!
Deixovos as  propostas de traballo para hoxe:




Semana do medio ambiente

↪ Reto do xoves:Reutilizo bolsas nas compras.

↪ Reto: Soprando entre labirintos.
Animaste a facelo?

Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 36)  no taboleiro!

mércores, 3 de xuño de 2020

Propostas de traballo para o mércores 03 de xuño

Propostas de traballo para o mércores 03 de xuño.

Bo día de mércores!
Deixovos as  propostas de traballo para hoxe:



↪ Psicomotricidade: 
Educación Física en casa 4 Monstruos SA from apc on Vimeo.

↪ Reto:  Para relaxarnos despois do exercicio podemos pintar arroz de cores

Semana do medio ambiente

↪ Reto do mércores:Desconecto aparellos eléctricos que non se están a usar.

Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 35)  no taboleiro!

martes, 2 de xuño de 2020

Propostas de traballo para o martes 02 de xuño

Propostas de traballo para o martes 02 de xuño.

Bo día de martes!
Deixovos as  propostas de traballo para hoxe:



↪ Contacontos: Un conto con miga e codia de Paula Carballeira.





Contido organizado pola Cidade da cultura dentro do programa #aculturasegue neste mes de maio 2020.

Semana do medio ambiente

↪ Reto do martes: Reutilizo envases.

Non esquezas mirar as outras actividades 
(Tarefa 34)  no taboleiro!

luns, 1 de xuño de 2020

Propostas de traballo para o luns 01 de xuño

Propostas de traballo para o luns 01 de xuño.

Bo día de luns!
Comezamos semana e con ela as novas propostas de traballo:


05 de xuño: Día Mundial do medio ambiente 
O vindeiro venres 05 de xuño celébrase o Día Mundial do medio Ambiente. Cada día proporase un reto ata chegar ao venres.
↪ Reto do luns: Separo e reciclo o lixo.

↪ Reto: Xogo de memoria
Memoriza ben onde está cada animal para despois levantar a carta correcta.



↪ English: 



Page 28 Look and circle the mathing places ( Rodea o debuxo que é igual)

Beach (praia) City (cidade) Mountains ( montañas) woods(bosques)

Page 28 parte traseira da folla

Unimos as dúas partes do cadro ( Look and match)

Page 29 Recortamos o xogamos ao dominó


Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 33)  no taboleiro!

venres, 29 de maio de 2020

Propostas de traballo para o venres 29 de maio

Propostas de traballo para o venres 29 de maio.

Bo día de venres!
Deixovos as  propostas de traballo para hoxe:

↪ Reto:  Sacamos o carnet de conducir


Practicamos antes de facer as tarefas de inglés

↪ English:



Look and draw the missing parts of the bus (door, wheels, wipers). Mira e debuxa o que lle falta ao autobús (porta, limpaparabrisas e rodas)

Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 32)  no taboleiro!

Vemónos/lémonos o luns e lembra  #sentidiño!

xoves, 28 de maio de 2020

Propostas de traballo para o xoves 28 de maio

Propostas de traballo para o xoves 28 de maio.

Bo día de xoves!
Deixovos as  propostas de traballo para hoxe:

↪ Reto:  Contar e construír
Esta proposta consiste en construír unha torre xigante coa axuda dun dado e pezas de construcción:
1,Lanzamos un dado
2.Colocamos o número de pezas que nos tocou , todas da mesma cor.
3.Se temos con quén xogar, facemos quendas.
4.Construímos a torre mais alta posible e se cae, non pasa nada, volvemos comezar.
*VARIANTE DO XOGO CON SUMA: Cada vez que se colocan as pezas que nos saen no dado, contamos todas as pezas da torre comprobando cal é a torre mais alta e con maior número de pezas.
*VARIANTE DO XOGO CON REPRESENTACIÓN GRÁFICA: Cando logremos facer unha torre de 10 a 15 pezas podemos debuxala e pintala.

Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 31)  no taboleiro!

mércores, 27 de maio de 2020

Propostas de traballo para o mércores 27 de maio

Propostas de traballo para o mércores 27 de maio.

Bo día de mércores!
Deixovos as  propostas de traballo para hoxe:

↪ Psicomotricidade: 
Educación Física en casa 3 Bebé jefazo from apc on Vimeo.

↪ Reto: Para relaxarnos despois do exercicio podemos facer unha manualidade ben sinxela con obxetos que atopemos na casa.



Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 30)  no taboleiro!

martes, 26 de maio de 2020

Propostas de traballo para o martes 26 de maio

Propostas de traballo para o martes 26 de maio.

Bo día de martes!
Deixovos as  propostas de traballo para hoxe:

↪ Contacontos: Roque e Andrea Lerchean
Neste contacontos Andrea ven acompañada de Roque que está preparado para a súa saída a rúa.


Contido organizado pola Cidade da Cultura dentro do programa #aculturasegue neste mes de maio de 2020

.
Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 29)  no taboleiro!

luns, 25 de maio de 2020

Propostas de traballo para o luns 25 de maio

Propostas de traballo para o luns 25 de maio.

Bo día de luns!
Comezamos semana e con ela as novas propostas de traballo:

↪ Reto: Pintamos coas sombras.
Aproveitando estes días de sol pintamos siluetas de obxetos. Na imaxe hai exemplos do que se pode facer.

↪ English: 



Draw a bus. Despois de ver o video nun folio debuxamos un autobús.

Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 28)  no taboleiro!

venres, 22 de maio de 2020

Propostas de traballo para o venres 22 de maio

Propostas de traballo para o venres 22 de maio.

Bo día de venres!
Deixovos as propostas de traballo para hoxe:

↪ Reto: Practicamos as sumas a través do xogo 



↪ English:



Vemos o video para identificar cantos medios de transporte saen.
Despois escoitamos a canción dos medios de transporte.


Facemos do libro a páxina 26 .Buscamos e rodeamos as 6 diferenzas.



Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 27)  no taboleiro!

Vemónos/lémonos o luns e lembra  #sentidiño!

xoves, 21 de maio de 2020

Propostas de traballo para o xoves 21 de maio

Propostas de traballo para o xoves 21 de maio.

Bo día de xoves!
Deixovos as propostas de traballo para hoxe:

↪ Reto: Desciframos a mensaxe secreta
Buscamos cada letra e poñemola debaixo do simbolo, así poderás descubrir unha mensaxe agochada.






Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 26)  no taboleiro!

mércores, 20 de maio de 2020

Propostas de traballo para o mércores 20 de maio

Propostas de traballo para o mércores 20 de maio.

Bo día de mércores!
Deixovos as propostas de traballo para hoxe:

↪ Psicomotricidade: Taboleiro de tarefas


↪ Día dos Museos: O pasado 18 de maio conmemorouse o Día dos Museos. Deixovos unha visita virtual ao Planetario da Coruña para ver as estrelas e unha imaxe da lúa.



Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 25)  no taboleiro!

martes, 19 de maio de 2020

Propostas de traballo para o martes 19 de maio

Propostas de traballo para o martes 19 de maio.

Bo día de martes!
Deixovos as propostas de traballo para hoxe:

↪ Conto: A princesa e o chícharo


 Conto contado por Bea Campos 



Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 24)  no taboleiro!

venres, 15 de maio de 2020

Propostas de traballo para o venres 15 de maio

Propostas de traballo para o venres 15 de maio.

Bo día de venres!
Deixovos as propostas de traballo para hoxe:

↷Reto: Semana das Letras Galegas
Resolve o seguinte xogo sobre o conto de Ricardo Carballo Calero  "As pitas baixo a choiva"


↷English

 Listen to the story. How many transports can you see? (Escoitamos a historia, cantos medios de transporte podemos ver)



Páx. 25 do libro

 Ir a páxina 25 do libro e poñer as pegatinas dos transportes, dar a volta a folla e colorear os puntos para atopar o tranporte
Atopamos e rodeamos 7 flores.

Vemónos/lémonos o martes 19 de maio xa que o luns 18 é día non lectivo no centro e lembra que #sentidiño

xoves, 14 de maio de 2020

Cando todo esto pase...

Separados pero unidos. O equipo docente do CEIP EDUARDO PONDAL enviávos unha mensaxe de ánimo a toda a comunidade educativa porque #candotodoestopase voltaremos.
Unha aperta grande!

Propostas de traballo para o xoves 14 de maio

Propostas de traballo para o xoves 14 de maio.

Bo día de xoves!
Deixovos as propostas de traballo para hoxe:

↷Reto: Semana das Letras Galegas
Podes resolver o misterio da casa de Ricardo Carballo Calero?

Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 22)  no taboleiro!

mércores, 13 de maio de 2020

Propostas de traballo para o mércores 13 de maio

Propostas de traballo para o mércores 13 de maio.

Bo día de mércores!
Deixovos as propostas de traballo para hoxe:

↷Psicomotricidade: Iniciación ao ioga




↷Reto: Semana das Letras Galegas
Coloreamos a lámina do conto "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carballo Calero
Non esquezas mirar as outras actividades (Tarefa 21)  no taboleiro!